Igrexa parroquial de Santa María de Castromao
Qué Facer > Turismo Cultural > Igrexias

O retablo da Igrexa de Castromao é de finais do s. XVI ( renacentista), con grandes columnas a un enorme frontón triangular, no centro representase a Virxe da Asunción.

Destacan en este igrexa o artesando e o solo de madeira orixinal e os catro Evangelistas, representados cos catro símbolos:

San Mateo: Simbolizase con un anxo ( ou home con alas), porque o seu evanxeo comenza coa lista dos antepasados de Xesús.

San Marcos : Simbolizase con un león, porque o seu evanxeo comenza coa predicación de Bautista no deserto donde había animais salvaxes.

San Lucas: Simbolizase con un boi ou touro porque o seu evanxeo comenza coa visión de Zacarías no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovillas.

San Xoán: Simbolizase con un aguia e a mirada dirixida ao sol porque o seu evanxeo comenza coa contemplación de Xesús-Dios.

Estas importantes esculturas son obra de Gregorio Español , escultor dos séculos XVI e XVII, autor, entre outros obras, do Coro da Catedral de Santiago de Compostela, introductor do “ manierismo” en Galicia, estilo artístico que deu lugar a figuras alargadas, en posturas difíciles ou artificiais.

Destaca asemade a colección de antigas vestimentas liturxicas : albas, casullas, estolas, sotanas e o estandarte ou pendón negro de enterramentos.