Igrexa de Santo Tirso de Santa Cristina
Qué Facer > Turismo Cultural > Igrexias

Construída con pedra de cantería, ten planta de cruz latina. Por riba da porta lateral pódese ler o ano de construcción: 1736. Se ben, polas características, a parte do prebisterio parece indicar que é anterior a esta data.

Destaca a fachada principal coas escaleiras de subida ó campanario, e o osario, totalmente aberto, que aínda conserva restos de antigos soterramentos.

No interior, cumpre salientar o altar maior, posiblemente do século XVII, de estilo barroco, en bo estado de conservación e moi boa policromía. Destacan as figuras de Santo Tirso, patrón do pobo, a quen dous xudeus, un negro e un branco, tentan decapitar, e Santa Cristina, mártir que da nome ao pobo. Ten tres sagrarios con figuras en releve de San Pedro e San Pablo, nos laterais, e do Resucitado no centro.

Nun altar lateral, está a imaxe da Virxe do Rosario, que é sacada e procesión o día da festa do pobo.

Esta igrexa conserva o altar no que o sacerdote oficiaba a liturxia “ad orientem”. Ten tamén no altar maior e nun altar lateral o chan de madeira, onde se facían soterramentos.

SANTO TIRSO: atleta da primeira metade do século III d.c. que viviu en Cesárea de Bitinia. Naquel entón gobernaba a cidade Cambricio, perseguidor de cristiáns. Tirso enfrontouse a el exhortándoo para que non derramara mais sangue inocente en nome de deuses páganos; díxolle que era cristián e que, se fora preciso, morrería en defensa da verdade. Cambricio deu orden de detelo e someteuno a múltiples torturas, entre elas a de que fose serrado pola metade. Coa axuda divina, Tirso saíu ileso. Morreu loando a Deus na segunda metade do século III.