
Actividades deportivas e culturais na Veiga
19/09/2026A Veiga acolle os días 3 e 4 de outubro de 2026 a VI Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, unha cita coa gandería, o produto local e as tradicións do concello. A inauguración será o sábado 3 ás 12.00 h.
Ao longo da fin de semana celebraranse cinco concursos abertos á participación veciñal: fotografía etnográfica, empanadas, «Acrabuñando a gadaña», «O produto máis especial da horta» e o campionato de bolos. Preme en calquera cartel para amplialo e consultar horarios e premios.
Os concursos
I Concurso de Fotografía Etnográfica: como participar
O concurso busca poñer en valor a cultura, as tradicións, os oficios e os modos de vida da Veiga, así como a propia feira Crianza Trevinca. Poden participar todas as persoas maiores de idade, cun máximo de 8 fotografías por participante, en cor ou branco e negro, actuais ou históricas.
- Prazo: ata o domingo 11 de outubro de 2026 ás 15.00 h
- Presentación: baixo pseudónimo, en papel ou en formato dixital
- Entrega física: Biblioteca Municipal da Veiga, de luns a venres de 10.00 a 15.00 h
- Entrega dixital: cultura@aveiga.gal
As fotografías recibidas antes do comezo da feira exporanse durante a celebración de Crianza Trevinca.
Bases do concurso de fotografía
Descargar as bases en PDFInformación e inscricións: cultura@aveiga.gal · 694 311 733
Biblioteca municipal, de luns a venres de 10.00 a 15.00 h


