Praia dos Franceses
Qué Facer > Turismo Fluvial

A Praia dos Franceses situase uns metros antes de chegar o centro do pobo da Veiga, esta dotada de aseos públicos, duchas e servizo de vixianza durante os meses de xullo e agosto, ademáis de áreas de recreo para aqueles que desexen desfrutar dun relaxado día de praia, evitando as masificacións, e dunha zona de xogos para os máis pequenos. É posible alugar kayaks e piragüas, así como desfrutar dos paseos ó redor do encoro no Catamarán.

A praia conta ademáis cun embarcadorio e o pantalán de baño.

A idea dun embarcadoiro nun Municipio de interior e de alta montaña non era tan novedosa. Cando se construíu o Encoro de Prada foi unha das solucións propostas para resolver a comunicación entre ambalas marxes do Encoro.

O pantalán de baño, unha estructura flotante con un trampolín e un tobogán, sí resultou ser unha idea novedosa e dende entón pode verse na Praia dos Franceses, semellante a outras existentes nas praias do litoral, no verán chea de bañistas e no inverno , testemuña de tempos máis calurosos.

O resto do ano, está permitido o baño pero extremando as precaucións, xa que o nivel da auga é máis alto e a praia non dispón de servizo de vixianza.

Escola de Piragüismo

Durante os meses de Xullo e Agosto poráse en funcionamento a Escola Municipal de Piragüismo a cargo dun adestrador homologado pola Federación Galega de Piragüismo para a realización de cursiños de Iniciación e Perfeccionamento de Piragüismo.

Escola de Paddle Surf

Nos meses de Xullo e Agosto tamén se impartirán cursiños de iniciación ao Paddle Surf no Encoro de Prada. Esta actividade consiste en manterse en pe nunha táboa máis grande e estable que as propias do surf, mentres se leva o remo dunha soa pala para poder navegar pola auga.